OLA A TODAS E TODOS!

Xa estamos aquí de volta con moitas novidades.
Empezando polo nome da clase, este ano, dedicámosllo ao noso peixe, Azafrán, que estará con nós durante todo o curso.
Tamén estrenamos blog, unha forma de estar totalmente conectados co resto das aulas e tamén coas nosas familias.
E falando de familias...este ano escribiremos a "libreta da aula" diariamente, aquí no blog, e contaremos todo todo e todo.
Tamén será un espazo no que contar novidades: alguén tivo un irmán, alguén quedou sen un dente ou alguén veu de visita á nosa escola.
Pero o blog será ademais unha ferramenta indispensable nas nosas investigacións, xa que en calqueira intre, pediremos a axuda de todos os internautas para que nos botedes unha man con todas esas dúbidas que temos a miúdo.
Pois alá, benvidos e benvidas e a disfrutar no ensino e na aprendizaxe!

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS